martes, 19 de agosto de 2025
ANIVERSARIO ESTRELIÑA ALEJANDRO
venres, 15 de agosto de 2025
ANIVERSARIO DA ESTRELIÑA AURIA
Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña Auria, espero hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!!
luns, 11 de agosto de 2025
ANIVERSARIO DAS ESTRELIÑAS: ZAIDA, HUGO, ÉRICK
A semana pasada tres das nosas estreliñas estiveron de aniversario, Zaida, Hugo e Érick.
Dende aquí MOITOS PARABÉNS! Agardo pasásedes un gran día de celebración cheos de ledicia e festa.
martes, 22 de xullo de 2025
CÓNTAME UN CONTO
Durante o mes de xuño o alumnado de 6º de Primaria, dende as materias de Lengua, Lingua e Proxecto Competencal, estiveron a crear Audiocontos. Primeiro escribiron a través do Programa Libre Office Writer contos inventados por eles, uns individuais e outros por parellas, logo pasaron crear con Canva, ilustrar con imaxes e poñerlle voz, que primeiro gravaron co Programa Audacity e logo insertaron.
Foi unha das últimas actividades que ata agora non tivera tempo de recoller para publicar.
Con esta publicación remato o resumo de actividades das miñas estreliñas este curso.
Seguide medrando, aprendendo e creando; sodes xenios e artistas en potencia!! Un pracer acompañervos nesta andaina.
mércores, 2 de xullo de 2025
ACTIVIDADES PLÁTICA EN XUÑO/ ARTS IN JUNE
No mes de xuño as actividades foron poucas por mor das excursións de fin de curso e as celebracións na última semana.
Así realizaron debuxos de ilusión óptica en 3D, debuxos Pop up seguindo instrucións, creación con Doodlles, e para rematar xogos inter etapas, coa intervención do alumnado da ESO e Primaria, busca de obxectos polo patio seguindo instrucións, e estampado de camisetas con pegadas e nomes, como recordo dos compañeiros.
martes, 1 de xullo de 2025
O GRAN DÍA: GRADUACIÓN DAS NOSAS ESTRELIÑAS
luns, 30 de xuño de 2025
ANIVERSARIO ESTRELIÑA MARTÍN
Hoxe está de aniversario outra das nosas estreliñas, moitos Parabéns, estreliña Martín, espero hoxe esteas a ter un gran día de celebración. MOITOS PARABÉNS!!
ACTIVIDADES FIN DE CURSO
A última semana de curso estivo chea de actividades festeiras...bueno tamén algún exame, ja,ja.
Arrancamos semana coa visita dun grupo do alumnado de 3º da ESO que viñeron ofecernos unha parodia da vida de Rosalía de Castro ao estilo dos programas de "chismes" da televisión, o alumnado pasou un anaco divertido ao tempo que se enterou doutros aspectos da vida de Rosalía non tan coñecidos.
Continuou a semana coa Festa da Auga organizada pola ANPA, na que disfrutaron moito e agradeceron dadas as altas temperaturas quen estabamos a sufrir.
Logo tocou festa de despedida e convivencia cos compañeiros de ciclo, con merenda, estampado de camisetas e...por suposto baile, a cargo da nosa estreliña o DJ Bregogán.
E rematou a semana coa graduación das estreliñas, pero iso merece unha publicación aparte.
martes, 17 de xuño de 2025
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
As nosas estreliñas están a piques de rematar a súa etapa de E. Primaria, e unha das actividades finais, coma sempre, é a excursión de fin de curso. Este ano compartida un día cos compañeiros de 5º de E. Primaria, dandolle así o pase a ser os maiores da etapa.
Unha aventura na Illa de Ons na que disfrutaron de actividades na natureza, coñecendo un pouco este parque natural e protexido, así como de praia, xogos e tempo de convivencia.
A experiencia da viaxe en barco e pasar dous días de camping, especial (glamping), posto que permite ir máis lixeiros de equipaxe, tendas con cama e todos os servizos, resultou moi satisfactoria para as estreliñas, dado que lles soubo a pouco e querían alongar a estandía na illa.
A continuación un resumo:
xoves, 5 de xuño de 2025
SALVAR VIDAS XUNTOS: PREVENCIÓN E SEGURIDADE
Hoxe o alumnado de 6º de E.Primaria recibiu a súa última actividade de formación no centro, por este curso. Actividade ofertada polo Concello de Ourense dentro dos seus Programas Educativos. Co obxectivo de proporcionar ao alumnado as ferramentas para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala, e tamén coñecer as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios.
mércores, 4 de xuño de 2025
ARTS IN MAY/ TRABALLOS DE PLÁSTICA EN MAIO
O mes de maio comezou coa celebración dos Maios no cole, o alumnado particiou na súa elaboración, polo tanto o alumnado do primeiro ciclo pintou flores e o noso maio. Os do segundo remataron bodegóns para traballar cores primarias e secundarias.
Tamén visualizaron vídeos sobra a vida e obra de Vincent Van Gogh, para logo reproducir dúas das súas obras máis características, "A noite estrelada" e "Os xirasoles"
Logo realizaron debuxos seguindo instrucións da canle: Arts for kids hub
No segundo e terceiro ciclo relaizaron debuxo libre creando Doodles.
Tamén levaron a cabo debuxos de ilusión óptica con efecto 3D.
Despois tocou despedir a nosa Auxiliar de conversa, Nadia, que regresa ao seu país, e o alumnado agradeceu a súa colaboración e axuda con diferentes tipos de tarxetas.
Nadia preparoulles diferentes xogos e retos como xornada de despedida. Grazas, Nadia!! Moita sorte!!
O alumnado de 6º nestas últimas semanas estivo a realizar murais para a celebración do mes do orgullo LGTBIQ+, así coma un obradoiro de pulseiras e chaveiros.
luns, 2 de xuño de 2025
ANIVERSARIOS MAIO
No mes de maio celebramos os aniversarios da titora, de Ainhara, Anxo e Noa.
venres, 30 de maio de 2025
ACTUACIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Esta semana, nas tardes do martes e o xoves, levaronse a cabo as actuacións e exhibicións dalgunhas das actividades extraescolares que se realizaron no centro ao longo do curso, a cargo da ANPA.
Deixo aquí un resumo da actuación do grupo de baile, patinaxe, teatro e xadrez nas que participan algunhas das nosas estreliñas.
Ademais da campeona do torneo da actividade de xadrez.
PARABÉNS!! Un gran traballo tanto por parte das monitoras coma do alumnado.
luns, 26 de maio de 2025
OBRADOIRO DE IMPRENTA
O pasado día 13 de maio chegou ao noso centro a Imprenta móbil, Alouette Machine, para impartir un obradoiro de formación, creando carteis sobre as Cantareiras, as que este ano se lles dedicou o día das Letras Galegas.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria e un grupo de 3º da ESO participaron nesta formación aprendendo as técnicas de impresión á antiga usanza.
Os carteis creados serviron para decorar o acto de celebración das Nosas Letras no patio do centro.
Ademais o qalumnado de 6º de Primaria realizou un resumo do aprendido.
Grazas Cris e Jean-Ba
sábado, 24 de maio de 2025
ESCRITURA CREATIVA: DETECTIVES LITERARIOS
O alumnado de 6º de Primaria, partindo dunha proposta de @literaturaytizas, realizaron unha actividade de escritura creativa unificando tarefas da materia de Proyecto Competencial e Lingua castelá.
A continuación o resultado
ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS
O alumnado de 6º de Primaria realizou un traballo de investigación, por grupos, co gallo da celebración das Nosas Letras, sobre As Cantareiras.
venres, 23 de maio de 2025
PUBLICIDADE E CONTRA PUBLICIDADE
Ao longo deste curso o alumnado de 6º de Primaria participou no programa "Apuntámonos a non beber", dentro o Plan Proxecta ofertado pola Consellería de Sanidade.
O alumnado recibiu dúas formacións, e como remate realizou carteis publicitarios e de Contra Publicidade; despois elixiron un para enviar e participar no concurso.
A continuación a presentación destes traballos. Grazas a Rocío Lavandeira pola formación e recursos presentados.
luns, 19 de maio de 2025
OBRADOIRO DE PANDEIRETAS E CELEBRACIÓN DAS NOSAS LETRAS
luns, 12 de maio de 2025
O NOSO MAIO
Este xoves o alumnado do centro participou na elaboración dun maio no patio do centro. A continuación a achega do alumnado de sexto.
domingo, 11 de maio de 2025
CINEMA CON PERSPECTIVA
O noso centro foi un dos 40 centros seleccionados para participar no Programa Cinema con perspectiva ofertado pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa asociación cultural Festival Internacional Cinema de Bueu (FICBUEU), está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e primeiro ciclo da ESO, no noso caso só foi para Primaria; no que se busca incorporar a análise crítica sobre o tratamento da muller no cinema e noutras formas de expresión audiovisual.
Este martes, 7 de maio, o noso alumnado de 5º e 6º visualizou unha selección de curtametraxes centradas en temas como a igualdade de xénero, a violencia machista e o papel da muller na sociedade. Estas proxeccións incluíron coloquios dinamizados por "María" a persoa experta que veu ao centro para fomentar a reflexión sobre os valores e as mensaxes transmitidas, abordando conceptos como a equidade entre homes e mulleres, o empoderamento feminino e a desconstrución de roles tradicionais.
martes, 6 de maio de 2025
ARTS IN APRIL/ TAREFAS DE PLÁSTICA EN ABRIL
Durante o mes de abril o alumnado de primaria na materia de Arts traballou temas relacionados coa primavera e Kandinsky, así como o autorretrato e a celebración da pascua, con actividades propostas pola nosa auxiliar de conversa, Nadia.
martes, 29 de abril de 2025
CELEBRACIÓN DÍA DEL LIBRO
sábado, 26 de abril de 2025
A ARTE NO RENACEMENTO POLO ALUMNADO DE 6º E.P.
O alumnado de 6º de E. P. durante o 2º trimestre, e continuando coa liña temática do centro (A nosa viaxe na máquina do tempo), na materia de Proxecto Competencial, realizou un traballo de investigación e creación sobre a arte no Renacemento.
venres, 25 de abril de 2025
martes, 22 de abril de 2025
luns, 21 de abril de 2025
domingo, 20 de abril de 2025
ANIVERSARIOS ABRIL
Neste mes estiveron de Aniversario dúas estreliñas, Breogán e Hugo Dos Santos, moitos Parabéns aos dous.
luns, 7 de abril de 2025
martes, 1 de abril de 2025
ARTS IN MARCH/ACTIVIDADES PLÁSTICA EN MARZO
O alumnado empezou o mes de marzo coñecendo e debuxando como a artista Sonia Delaunay, a única muller que foi quen de expoñer as súas obras no museo de Louvre en vida.
Logo prepararon decoración para a celebración do Saint Patrick'Day, que o alumnado de 6º ademais realizou unha actividade conxunta co alumnado de 4º da ESO, cun xogo de preguntas en inglés, no que se obtiñan resposta correcta podían pintar unha liña do arco da vella do correspondente mura (actividade xa publicada nunha entrada anterior).
Os do 2º e 3º Ciclo tamén fixeron unha proba na que debuxaron despois de escoitar a narración dunha historia.
Logo os do 1º Ciclo repasaron as partes da cara pintando un retrato ao estilo Picasso lanzando dados con debuxos das partes da cara.
Os do 2º e 3º Ciclo realizaron debuxos de paisaxes de primavera e decoraron páxaros para o mural.
ARQUEOCAMPO
Este luns, 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade dos Programas Educativos ofertados polo Concello de Ourense, "Coñece a túa cidade: Arqueocampo" no espazo do Anexo Auditorio da cidade.
Esta acción permite vivenciar todas as fases da cadea de traballo arqueolóxico, permitindo realizar unha investigación a través de actividades prácticas, dinámicas e seguindo unha metodoloxía arqueolóxica. O traballo de escavación, a manipulación de materiais e a experimentación de procesos científicos son as bases nas que se sustenta o Arqueocampo.
A continuación, coma sempre, un resumo:
xoves, 27 de marzo de 2025
CELEBRANDO O DÍA DA NARRACIÓN ORAL: CONTA COMIGO
Hoxe celebramos no centro o Día da Narración oral coa actividade "Conta Comigo".
Unha actividade organizada dende os equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, co gallo de recuperar unha das nosas tradicións de Contos e Cantigas Orais perduradas no tempo a través dos avós e avoas.
E así hoxe o noso alumnado gozou dunha sesión de contiños contados por algúns dos seus compañeiros e un membro da súa familia.
Aquí a sesión que gozou o alumnado do 3º Ciclo de Primaria na Aula de Música. Tamén houbo contos para o Ciclo de Infantil e 1º Ciclo de Primaria nunha das súas aulas, na aula de 3º para o 2º ciclo e para a etapa da ESO na Biblioteca.
Dende aquí especial agradecemento a nai da nosa estreliña Helena, Marta, que entre as dúas nos agasallaron co conto "O galo Kiriko". GRAZAS!!
mércores, 26 de marzo de 2025
venres, 21 de marzo de 2025
PROGRAMA VIXÍA: CHARLA SOBRE HABILIDADES SOCIAIS
Dentro do Programa Vixía, coma cada curso, Félix Estévez, da Concellería de Saúde do Concello de Ourense, este mércores día 19 de marzo estivo co alumnado de 6º de E. Primaria impartindo unha charla sobre Habilidades Sociais.
sábado, 15 de marzo de 2025
ANIVERSARIOS MARZO
SEMANA DE VISITAS E APRENDIZAXES
Esta semana, o alumnado de 6º de Primaria, ademáis das súas actividades e tarefas semanais, o martes participaron nunha actividade ofertada polo concello, "Sementes", e dirixida polo persoal da Aula da Natureza Río MIño, na que sementaron landras xa enraizadas, para coidalas e cando medren reforestar. Tamén aprenderon sobre a impotancia do coidado das plantas e árbores.
O xoves recibiron a visita dun dos xogadores do equipo de fútbol do Ourense Club, Alex, que lles contou como chegou a ser futbolista e tamén como se desnvolve o seu día a día, logo agasallou á aula cunha bufanda do equipo. GRAZAS
luns, 10 de marzo de 2025
ARTS IN FEBRUARY/TAREFAS DE PLÁSTICA EN FEBREIRO
Durante o mes de febreiro o alumnado, ademais de seguir a traballar sobre Pop Art e Cubismo, estivo a colaborar na celebración da semana de Rosalía de Castro e o Entroido.
A continuación un resumo:
sábado, 8 de marzo de 2025
CELEBRANDO O DÍA DA MULLER: MULLERES PIONEIRAS
Na semana pasada o alumnado de 6º de Primaria estivo a investigar sobre mulleres, que foron pioneiras en distintos campos.
Mulleres que loitaron e traballaron duro para demostrar e conseguir a igualdade como persoas, poder estudar, formarse, traballar naquelo que lles gustaba e sobre todo acadar ser respectadas.
A día de hoxe, aínda que se leva moito camiño andado, queda moito polo que loitar, motivo polo que neste día hai que seguir lembrando todo o que estas mulleres acadaron, para un día poder celebrar que vivivos nunha sociedade con valores, igualdade e respecto.
E aínda que neste traballo aparecen mulleres destacadas, no día a día estamos rodeadas de mulleres que foron e son grandes loitadoras destes dereitos e que nos ensinan o verdadeiro camiño, aínda que os seus nomes non aparezan na wikipedia: AVOAS, NAIS, IRMÁS, TÍAS, MESTRAS,...
ENTROIDO 2025
Resumo da participación do alumnado de 6º de Primaria na celebración do Entroido:
xoves, 6 de marzo de 2025
RECTA NUMÉRICA: NÚMEROS ENTEROS Y RACIONALES
mércores, 5 de marzo de 2025
luns, 3 de marzo de 2025
CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA
Para celebrar o día de Rosalía o alumnando de 6º dende as materias de Arts e Proxecto Competencial estiveron a crear na aplicación de canva diapositivas nas que converteron a Rosalía nunha super heroina.
Tamén participaron no programa de radio e na decoración dos murais.
xoves, 27 de febreiro de 2025
mércores, 26 de febreiro de 2025
martes, 25 de febreiro de 2025
OBRADOIRO DE ENTROIDO COAS FAMILIAS
O pasado mércores pola tarde, un grupo de nais das estreliñas de 6º de Primaria viñeron colaborar coa elaboración de traxes para o desfile de Entroido.
Este venres as estreliñas brillaran fermosas no desfile pola cidade.
GRAZAS MAMIS POLA VOSA AXUDA!!
venres, 21 de febreiro de 2025
OBRADOIRO TEATRO RADIOFÓNICO
Este martes, día 18 de febreiro, da man de Cristina Collazo o alumnado de 5º e 6º de Primaria levaron a cabo obradoiros de teatro radiofónico.
A continuación un resumo:
xoves, 13 de febreiro de 2025
TRABALLOS DAS ESTRELIÑAS SOBRE O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Aquí queda unha mostra do traballo realizado polas estreliñas neste día:
martes, 11 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
domingo, 9 de febreiro de 2025
ENCONTRO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS
Este mércores, 5 de febreiro, o alumnado de 6º E. Primaria, xunto cos grupos da ESO tiveron no centro un encontro coa escritora Andrea Maceiras. Para este encontro o alumnado estivo primeiro a coñecela, fixeron a súa biografía e leron un dos seus libros "A folla azul", do que fixeron o resumo e prepararon as preguntas para o encontro.
martes, 4 de febreiro de 2025
RECEITAS E POEMAS PARA A PAZ
luns, 3 de febreiro de 2025
RESUMO TAREFAS ÁREA DE PLÁSTICA EN XANEIRO/ARTS IN JANUARY
Comezamos o mes de xaneiro coa volta das vacacións de Nadal, así que nos grupos desa semana realizaron debuxos relacionados co seu mellor momento, os máis pequenos e os mariores tamén realizaron ese debuxo pero converténdoo nun puzzle uns e outros decoraron pezas de puzzle para escribir os seus propósitos para este ano.
Logo os do 1º ciclo realizaron debuxos de animais partindo das súas pegadas dactilares, os do 2º ciclo crearon cadros imitando a Kandinsky con formas recortadas de sornais e revistas e por último o 3º ciclo comezou o debuxo con perspectiva cun punto de fuga.
Ademais tocou colaborar coa decoración para o día da paz, todos os curso decoraron pombas para palestina con mensaxes de para acadar a paz.
venres, 24 de xaneiro de 2025
VISITA GADIS: HÁBITOS SAUDABLES-ALIMENTES
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron no programa educativo Alimentes ogrecido polo supermercado Gadis.
Supermercados Gadis relanza o seu exitoso programa educativo Alimentes Digital, diseñado e desenvolvido para fomentar hábitos de vida saudable desde a infancia co foco posto na alimentación equilibrada, a compra consciente e a sostibilidade.
Alimentes está dividido en catro grandes áreas temáticas, relacionadas entre sí, que se traballan transversalmente: educación sobre nutrición; consumo responsable e consciente; máxima redución do desperdicio alimentario, e o valor do desenvolvemento local e sostible a través da produción de proximidade. Todos os contidos están adaptados aos currículos oficiales da 2ª etapa de Educación Infantil e da Educación Primaria, e directamente vinculados ás asignaturas de Ciencias Naturais e Sociais.
Experiencias prácticas: visitas aos supermercados
Supermercados Gadis organiza visitas aos puntos de venta para completar a aprendizaxe virtual na plataforma interactiva. O foco ponse, principalmente, nas seccións de produto fresco: pescadería, frutería e carnicería. O fin é transmitir que os produtos frescos e de tempada son máis sostibles e saudables.
Un dos propósitos de Gadis é acompañar á comunidad educativa a través da alimentación equilibrada e a práctica de exercicio físico. Sensibilizar ao alumnado co coidado do planeta é outro dos obxectivos da empresa, que incentivará aos participantes a finalizar o itinerario interactivo con premios: un kit do Plato Alimentes.
martes, 21 de xaneiro de 2025
VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA
O alumnado do 3º Ciclo de Primaria participou o venres pasado, 17 de xaneiro, nunha videoconferencia coa Antártida, a través da Base Antártica Española Gabriel de Castilla, dende a que lles presentaron ao alumnado cal é a súa misión e como é alí o seu día a día.
Tamén lles ofreceron a opción de apadriñar un pingüino cada un.
luns, 13 de xaneiro de 2025
2º KNOLLING LITERARIO
xoves, 2 de xaneiro de 2025
XOGO VISUAL
Para pasar o tempo nestes días de vacacións, un xogo de agudeza visual. Prepardos para comezar, pode en marcha o cronómetro, hai que resolver antes de 5 segundos😉
RESUMO TAREFAS NA MATERIA DE PC: INVESTIGANDO SOBRE A IDADE ANTIGA
O alumnado da materia do PC (Proxecto Competencial), este trimestre traballou investigando sobre a Idade Antiga seguindo a idea da Liña Temática do centro este curso "A viaxe na nosa máquina do tempo", viaxando así ás distintas etapas da historia.
A continuación os distintos traballos de investigación, creados en canva por grupos e unha mostra da posterior exposición oral á clase.